lunes, 15 de abril de 2024

MANITA DOS VETERANOS

Victoria contundente no penúltimo partido no Pote baixo unha abafante calor. O equipo necesitaba unha alegría e tardou pero chegou. Partido no que se pudo acadar un resultado moi abultado pero nesta categoría é disfrutar máis alá do número de goles que se anoten. 

Anotaron Fede, Karran (3) e Mon. 

3 partidos para terminar a tempada! 

Seguimos! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

PASO DE XIGANTE DO FEMININO

Victoria contundente do noso feminino que permitelle fuxir dos 3 últimos postos e ademáis amplia a ventaxa sobre o Silva, SD o que acerca ao equipo de Juanjo Cebolo a salvación na categoría de plata do fútbol galego. 

O partido foi de "guante branco" e a superioridade branca foi clara e manifesta e os goles foron caiendo pouco a pouco. Moito mérito para ambos equipos aguantando o abafante calor que sufreu a nosa comarca este domingo. 

Intre do partido

Anotaron
Pau, Lore (2), Tensi e Uxía (2)

Parabéns equipo!!! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Cris, Noe e Uxía en www.radiofusion.eu, preme aquí

SEN SORTE O FILIAL NOS CALZADOS

Paso atrás dos blancos nun partido que mereceron moito máis. Dous goles evitables e a habitual falta de puntería evitaron traerse algún punto dos Calzados

Despóis dunha primeira metade na que os blancos tiveron máis chegadas sen generar moito perigo e cun control total do partido xa que os locais no tiveron ningunha opción a segunda non empezou ben cun gol de falta moi lonxana e con opciones de gol erradas para os brancos (unha súper clara e Víctor) ata que un error garrafal do árbitro que non señalou como falta unha acción contra o porteiro branco que non deixaba dudas e a falta de acerto con varias opcións de gol destragadas marcaron o devenir do partido.

Intre do partido nos Calzados con amplia
presenza de siareiros brancos

Presencia
de catro ex xogadores brancos nas filas do Capela, Oli, Alex Cabarcos, Brais Sanjurjo e o meta Andrés Pena.

A seguir traballando porque nalgún momento cambiará a sorte. 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www. futgal.es, preme aquí

Pablo Mesa en www.radiofusion.eu, preme aquí

MAL DÍA NA OFICINA

Derrota dura na visita dos nosos modestos a Sinde en su visita ao líder a SD O Val que despóis da victoria e os resultados dos seus inmediatos rivais é máis que posible que sexa equipo de Preferente a vindeira semana. 

O partido queda marcado polo sucedido nos 8-0 primeiros minutos de partido cando os locáis aproveitan as múltiples imprecisións dos feneses para aparentemente sentenciar o partido e ponerse con un increíble (3-0). Ahí o Maniños nun acto de fé, de creer en si mesmo, ergueuse tiró de casta e por mediación de Pedro e despóis Javi Miragaya ao transformar un penalti cometido sobre Caio puso un esperanzador (3-2). De feito antes do descanso un gol anulado por fora de xogo e un disparo lamendo o pao de Pitu pudo voltear o marcador. Co (3-2) terminou  aprimeira metade.

A segunda metade para esquecer en donde os locais foro aumentado pouco a pouco o marcador sen resposta por parte do
Maniños que foi de máis a menos esperando xa nos minutos finais o término do partido onde non saíron as cousas como se esperaba. Esto é fútbol e as veces estas cousas suceden. 

Toca pasar páxina, aprender o que se fixo mal que foron moitas cousas e analizar o sucedido nesta nefasta de domingo en Sinde.

O Domingo novo partido, novo reto...

Testas erguidas!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí

RESULTADOS FIN DE SEMANA (12-13-14) ABRIL

PREBENXAMINES (2ª FASE - X11): Cultural Maniños - FC Ortigueira (1) 
BENXAMINES (2ª FASE - X11): Meirás CF "B" - Cultural Maniños (1) 
ALEVÍN "A" (2ª FASE - X11): Cultural Maniños - CD Narón "B" (2) 
ALEVÍN "B" (2ª FASE - X11): Club Campo "C" - Cultural Maniños (1) 
INFANTILES (2ª FASE - X14): Galicia Caranza "C" 1 - Cultural Maniños 3
CADETES (2ª FASE - X14): Cultural Maniños 0 - SD Portuarios "B" 2
XUVENILES (2ª FASE - X17): SD Libunca 3 - Cultural Maniños 2 (Romero y Garel)
FEMININO (X25): Cultural Maniños 6 (Pau. Lore (2), Tensi e Uxía (2)) - SCD Milagrosa 0
VETERANOS (2ª FASE - X06): Cultural Maniños 5 (Fede, Karran (3) e Mon) - Ural Español "B" 1
AFICIONADOS - 2ª GALICIA (2ª FASE - X04): ACRD A Capela 2 - Cultural Maniños 0
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (X29):  SD O Val 6 - Cultural Maniños 2 (Pedro e Miragaya)